IES ROSALÍA DE CASTRO

2019-2020 Un curso camiñando na coeducación


Constitución do Seminario de Igualdade

Iniciamos un curso no que pretendemos andar un camiño no que avancemos para acadar un centro coeducativo no que se preveña e evite calquera tipo de discriminación por cuestión de xénero, no que se visibilice o labor das mulleres nos contidos das materias que se imparten e no que se respecte e apoie a diversidade afectivo-sexual como unha forma fundamental de contribuir a unha convivencia baseada no respecto e na liberdade.

Para acadar este obxectivo formouse un grupo de profesorado, que vai participar durante todo este curso escolar nun Seminario de Igualdade, dentro do proxecto de formación do centro e dependente do CAFI. Trátase dun grupo de 20 profesoras e profesores de diferentes departamentos e modalidades de ensino do instituto, que ten como propósito fundamental a redacción dun Plan de Igualdade e Diversidade que fixe uns obxectivos e unhas actuacións en materia de igualdade e diversidade.

O punto de partida é a diagnose, a situación da que partimos. Para isto, o Seminario comezará por elaborar uns modelos de enquisas para todos os sectores implicados na vida do centro: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente. Posteriormente farase unha valoración dos resultados e baseándonos neles fixaremos uns obxectivos, contidos, accións coeducativas…

Ademais deste grupo de profesorado, ao longo do curso promoverase a cración dun grupo de alumnado implicado no labor coeducativo e de apoio á diversidade afectivo-sexual. No mes de outubro formaremos tamén un grupo de alumnado de Club de Lectura Coeducativo, dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato.

Maio 2020
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Categorías