IES ROSALÍA DE CASTRO

Actividades de marzo


8 de Marzo: Día Internacional da Muller

Subindo chanzos, saltando valos, abrindo camiños…”

O venres 6 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller no centro , dado que este ano cadra en domingo. O noso xeito de facelo foi mediante unha exposición que ten como obxectivo visibilizar e dar a coñecer ao alumnado mulleres de eidos diferentes.

Os membros do Seminario de Igualdade do profesorado fixeron propostas das que se seleccionaron 20 mulleres, de cuxas fotos se fixeron uns paneis que se penduraron do corredor principal do instituto e nun expositor ofrecíase información sobre elas. A exposición chamou a atención do alumnado que paraba a informarse de quen eran aqueles rostros.

Algunas das mulleres elixidas foron: María Barbeito, Exeria, Antía Cal, Filomena Dato, Flora Tristán, Cristina de Pizan, Gertrude Bell , Audre Lorde ou Pura Lorenzana, fundadora do noso instituto.

O lema desta exposición era: “ Subindo chanzos, saltando valos, abrindo camiños…”e o Seminario de Igualdade propuxo que tivese continuidade nos próximos cursos aumentando o número de paneis e o de nomes de mulleres que destacaron en diferentes eidos moitas veces sen ningún recoñecemento, mulleres pioneiras a quen tanto debemos.

Maio 2020
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Categorías