IES ROSALÍA DE CASTRO

Actividades de novembro


Luns 25: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Desde finais de outubro no IES Rosalía de Castro estivemos traballando en todos os niveis sobre o tema da violencia de xénero. A idea era organizar un acto o día 25 de novembro no que estivese implicado todo o alumnado e o profesorado do centro.

Desde o Seminario de Igualdade fixemos a seguinte proposta por niveis:

1º/2º ESO: tratarían o tema nas titorías a traves dunha serie de vídeos e deseñarían uns adhesivos para repartir entre as/os participantes no acto do 25.

3ºESO: As catro clases de terceiro foron as encargadas de elaborar os manifestos entre os que se elixiría o “Manifesto do IES Rosalía de Castro contra a violencia de xénero para o 25 de novembro do ano 2019 . A súa lectura foi o peche dos actos deste día.

4ºESO: Escribiron relatos co tema do maltrato e a violencia de xénero e fíxose unha selección para ler publicamente no acto conmmorativo.

1º/2º BACH: O alumnado de bacharelato escribiu cartas dirixidas ás persoas protagonistas nunha situación de violencia de xénero: ao maltratador, a vítima, ás fillas e fillos, nais, pais, amigxs… catro destas cartas foron seleccionadas para participar representando o noso centro no acto que o concello de Santiago celebrou ese 25 de novembro na Praza do Obradoiro.

A organización do acto vencellouse á exposición que todos os anos se organiza no centro desde o departamento de Plástica, para denunciar a violencia de xénero, o 25 de novembro. Desde o Seminario de Igualdade elaboramos un folleto-concurso para que o alumnado cubrise despois de ver a exposición, que se repartiu tamén no acto.

A culminación deste traballo foron dous actos nos que participou case todo o alumnado (agás o de nocturno e algún dos ciclos), un para ESO e outro par Bacharelato. Neles, ademais do reparto de adhesivos e a lectura de relatos, cartas e o manifesto final incluíuse unha actuación musical por parte de dous profesores do centro e unha preformance realizada por máis de 100 alumnas, que lembrou e homenaxeou ás 52 vítimas de violencia de xénero asasinadas no 2019

No enlace seguinte podedes ver o vídeo do acto da ESO e imaxes da exposición de Plástica: https://www.youtube.com/watch?v=70Ee2aC5KTE

Maio 2020
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Categorías