IES ROSALÍA DE CASTRO

Actividades de xaneiro


Obradoiros de Educación Sexual para o alumnado de Bacharelato

Durante as tardes do luns do mes de xaneiro relizáronse no noso centro obradoiros de educación sexual para o alumnado de 1º de Bacharelaro. As sete clases deste nivel recibiron en tres quendas esta formación por parte do equipo de sexólagas e sexólogos do Centro Con Mucho Gusto, de Santiago, que dirixe Martina López Veiga.

Nestes obradoiros explicáronse conceptos básicos como sexo e xénero, identidade sexual e orientación sexo-afectiva. Abordáronse tamén temas como os mitos do amor romántico ou o consumo preocupante de pornografía na sociedade actual, concretamente na adolescencia, sendo esta a perigosa vía que moitos dos nosos mozos e algunhas mozas treñen de achegarse ao sexo.

O que máis interesou e valorou o alumnado foi a información sobre a anatomía ofrecida, xa que puxo de manifesto o descoñecemento que existiu e aínda existe do corpo feminino. Reflexionaron sobre se é este descoñecemento unha consecuencia máis da discriminación e minusvaloración da muller ao longo da historia.

Os obradoiros foron valorados moi positivamente polo alumnado, que os cualificou de necesarios e imprescindibles para ter unhas relacións sas e igualitarias.

Maio 2020
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Categorías