IES ROSALÍA DE CASTRO

Actividades de outubro


Venres 11: O armario só para os libros

O venres 11 de outubro no noso centro quixemos celebrar o día da saída do armario. Nalgunhas clases explicouse a importancia de celebrar esta data como xeito de manifestar o respecto á diversidade afectivo-sexual e animar a quen o desexa a que poida mostrarse como é, que poida visibilizarse sen necesidade de aparentar unha identidade que non ten e, sobre todo, sen o sufirmento de avergoñarse do que realmente é.

Co lema O armario só para os libros, que foi o escollido pola rede de profesorado de apoio lgtb, púxose un cartel e unha pantalla na entrada do centro. Quixemos iniciar deste xeito un curso no que a atención á diversidade e a loita contra a lgtbfobia van ser prioritarias.

Venres 25: Club de Lectura Coeducativo

Neste día constituiuse o Grupo de Club de Lectura Coeducativo formado por alumnado de todas as clases de Primeiro de Bacharelato. Nesta primeira xuntanza vinte e cinco rapaces e rapazas manifestaron querer pertencer ao grupo. Decidiuse que o día máis axeitado para as xuntanzas eran os luns ao mediodía, xa que ao ter clase pola tarde moitxs xa non van á casa.

É o máis importante; decidíronse as dúas primeiras obras que se leran conxuntamente: dous pequenos ensaios da escritora e feminista nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie: Todxs teriamos que ser feministas e Querida Ijeawele. Como educar en el feminismo. Pareceunos o mellor xeito de introducirnos na temática feminista e de comezar tamén a reflexionar sobre a necesidade da loita pola igualdade.

Maio 2020
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Categorías