IES ROSALÍA DE CASTRO

Autor: sira


C. R. rescata a memoria da que exerceu como a súa avoa, aínda que non o fose bioloxicamente. Trátase dunha historia que define como de superación e solidariedade: Oliva criou ademais da súa filla, as dúas da súa irmá emigrada. Read more…


A. S. fálanos da súa avoa que tomou a deción de marchar soa dunha conserveira na Ría de Arousa a outra en Alemaña, nunha época na que non era moi habitual que as mulleres emigrasen e menos soas.


M. A. presétanos a súa avoa, a primeira muller taxista de Arzúa e unha das primeiras de Galicia. Desempeñou un traballo de homes e fíxoo con profesionalidade e compañeirismo, como mostra algunha das fotos atopadas pola súa neta.


J. P. fálanos da súa avoa , unha muller con moita afouteza e persistencia, á que non deixaron ser arquitecta, mais que co tempo acabou montando unha escola de marketing. Foi tamén unha das primeiras mulleres en divorciarse e en Read more…


A.A. fálanos da tía da súa avoa paterna Gumersinda Quinteiro que , despois de casar por poderes, viaxou soa a Arxentina e, unha vez alí, decidiu separarse do seu home. Ao volver a Galicia e quen de facerse cargo da Read more…


G. C. fálanos da súa bisavoa Aurelia Martínez, única muller taloneira (cobradora de impostos) da comarca da Limia. Unha muller pioneira, valente e respectada que non precisou armas como adoitaban ter os que exercían esta profesión.


M. L. fálanos da súa bisavoa: Gabina Gallego de Salceda de Caselas. Gabina tivo unha vida dura xa que enviuvou nova e quedou a cargo de oito fillos. Para poder sacal@s adiante tivo que traballar as terras mais tamén, xunto Read more…


M.de V. cóntanos a historia da súa bisavoa María, unha muller valente e independente que viviu na Illa de Sálvora. Viuse na obriga de asistir a unha naufraxio coa súa gamela, feito que foi recoñecido internacionalmente.


C L Q investigou durante o curso a vida da súa tía-bisavoa: Socorro Sánchez Viaño, á que define como unha muller libre, loitadora e independente que emigrou soa a Bos Aires e alí traballou nunha empresa na que ademais defendeu Read more…


I. O. falou coa súa avoa porque tiña noticia de que fixera un grande sacrificio para estudar e, posteriormente, cando acadou o título de mestra, a fins dos anos cincuenta marchou a ecercer a unha aldea de LLeida. Fixo a Read more…